miércoles, 6 de noviembre de 2019

A fundación Uxío Novoneyra do Courel opta ao Premio do Público Culturgal 2019

A Fundación Uxío Novoneyra do Courel opta ao Premio do Público Culturgal 2019
Tamén aspira ao mesmo galardón o Club Clavicémbalo de Lugo.


Uxío Novoneyra / ivanlopezgimeno.com

O festival Novos Cinemas de Pontevedra, o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest da Fundación Uxío Novoneyra no Courel son o tres candidatos seleccionados para optar ao Premio do Público no Culturgal 2019.


Así o explicaron os organizadores da cita, que apuntaron que, desde este martes e ata o 19 de novembro, o público pode escoller entre este tres proxectos que se relacionan coa sociedade civil, fomentan a súa implicación e promoven a transversalidade e a colaboración.

Nas anteriores edicións do Culturgal, que se celebrará este ano entre o 29 de novembro e o 1 de decembro en Pontevedra, recibiron os premios do público o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o Diario Cultural da Radio Galega, o Festival de Cinema Curtocircuito, o Festival Agrogay da Ulloa, o Play-Doc e a Casa de Rosalía.