lunes, 4 de noviembre de 2019

O Caurel homenaxea á castaña



Festa da Castaña do Caurel / Deputación Provincial

O Caurel homenaxea á castaña
Este sábado o Caurel celebrou a XXXII Festa da Castaña do Caurel, unha cita para poñer en valor este produto que dinamiza a economía local.

A Deputación Provincial colabora con este evento cunha achega económica de 6.000 euros. A cita declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2013, pon en valor a castaña, un dos produtos máis característicos da provincia.


A xornada arrancou ás 12:00 horas coa demostración de cestaría e a actuación do grupo de Gaitas e Cantores do Caurel. Posteriormente deu comezo a degustación gratuíta de castañas asadas e o pregón, que correu a cargo do chef Iván Domínguez.

Xa pola tarde, houbo actividades para o público infantil da man de Borja Insua co espectáculo de monicreques Circo Galaico. Ao longo de todo o día o evento estivo amenizado por grupos musicais e charangas. Ademais, no recinto da festa, os visitantes e veciñanza puideron gozar de diferentes postos de produtos locais e artesanía, obradoiros e demostracións de temática variada.