domingo, 31 de julio de 2016

Un verán destapando vellos tesouros

Participantes nun campamento xuvenil desbrozan un importante castro no Courel
31/07/2016 10:22

Un dos principais xacementos arqueolóxicos da Serra do Courel loce este ano tan limpo como cando rematou a súa restauración integral no ano 1993. Polo castro da Torre acaba de pasar unha moi peculiar brigada de traballo que o liberou da maleza que levaba anos medrando sobre os restos das súas casas de orixe romana. Os operarios non eran tal, senón rapaces participantes nun campamento de verán con base no albergue de Folgoso. Supervisábaos Iván Álvarez Merayo, arqueólogo e á súa vez fillo do falecido arqueólogo Antonio Álvarez, o profesional que dirixiu hai 23 anos a rehabilitación deste antigo asentamento.

O traballo de limpeza do castro formaba parte da programación dun campamento de verán que organiza a empresa ourensá Ocitem no albergue de Folgoso do Courel, con financiamento da Xunta. Doce rapaces de entre 18 e 25 participaron no campamento durante a primeira quincena de xullo. O traballo no castro ocupounos durante unha semana.

Os voluntarios, entre os que había algúns galegos, pero tamén valencianos, rioxanos, canarios e italianos, liberaron todo o castro de maleza. Entre eles non había ningún estudante de arqueoloxía, pero o traballo tampouco requiría tanta especialización. «En realidade, non é nada complexo ?explica Iván Álvarez Merayo?, porque se trata unicamente de quitar vexetación cortando a rentes». Os voluntarios só tiñan que ter conta de evitar arrincar raíces ou danar as pedras cos sachos, fouces e machados que lles deron para que traballasen.

Pero incluso un traballo aparentemente sinxelo como este precisa dun control especial. Ninguén debe porse a desbrozar un castro ou calquera outro tipo de xacemento sen autorización previa da Dirección Xeral de Patrimonio. E, tal como sucedeu neste caso, o labor ten que estar supervisado por un arqueólogo.

O castro da Torre


Onde está. Na parroquia de Seoane, preto do lugar de Mercurín. É posible chegar a través da estrada LU-651, que une Folgoso con Seoane. A 5.3 kms. de Seoane hai que tomar o desvío que indica Sobredo. A 2,2 kms. dese desvío cómpre seguir a pé por un sendeiro sinalizado que acaba no castro despois dun traxecto costa arriba.

Características. Está situado nun promontorio que domina o val do Lor. O seu perímetro aprécianse os restos da muralla que defende o poboado cun acceso protexido por torreóns. No interior, a porta dá paso a unha rúa enlousada na que se distribúen as vivendas.

O que era. Os investigadores pensan que o castro da Torre era unha aldea fortificada construída para servir de fogar á poboación que traballaba nas minas de ouro do Courel.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/folgoso-do-courel/2016/07/31/veran-destapando-vellos-tesouros/00031469906489854685745.htm




lunes, 4 de julio de 2016

El monfortino Manuel Valcárcel, galardonado en Jaén por su documental «Tempo»

La obra, filmada durante un año en O Courel, recibió el premio a la mejor película y el premio del público en el festival Biosegura de cine medioambiental y rural
04/07/2016 05:00


El realizador monfortino Manuel Valcárcel  recibió por su largometraje documental Tempo el premio a la mejor película y el premio del público en el festival de cine medioambiental y rural Biosegura, que se celebra en la localidad de Beas del Segura, en la provincia de Jaén.

La obra fue filmada a lo largo de un año en la sierra de O Courel y tiene como eje argumental el primer año de vida de la primera niña que nació en la aldea de Froxán en 28 años. La película muestra las condiciones de vida actuales de los habitantes de la sierra, los cambios que experimenta el paisaje a lo largo de las estaciones y las principales amenazas que sufre el patrimonio natural de la zona. Valcárcel recibió los premios de manos del también director de cine Arturo Menor.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/monforte-de-lemos/2016/07/04/monfortino-manuel-valcarcel-galardonado-jaen-documental-tempo/00031467567475074477992.htm