Mostrando entradas con la etiqueta Devesa da Rogueira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Devesa da Rogueira. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de mayo de 2019

Así es la fauna de la Devesa da Rogueira

Alumnos del colegio de Seoane grabaron imágenes de animales salvajes con una cámara de fototrampeo en el bosque más célebre de la sierra de O Courel

FRANCISCO ALBO
15/05/2019 15:40 H

Un grupo de alumnas de cuarto y sexto de primaria del colegio Poeta Uxío Novoneyra, situado en Seoane do Courel, consiguió grabar imágenes de varias especies salvajes propias de la fauna de la sierra en el bosque autóctono de la Devesa da Rogueira, el más conocido de este territorio. En un vídeo presentado por el centro en el certamen Galiciencia pueden verse imágenes nocturnas y diurnas de lobos, jabalíes, martas, gatos monteses, zorros y corzos. En una parte del vídeo aparece también un oso pardo, aunque solo puede verse durante un momento la cabeza del animal.

La cámara con la que se grabaron estas imágenes se situó en una zona del bosque apartada del camino que lo atraviesa, por el que discurre una conocida ruta de senderismo. El trabajo en el que se encuadra la realización de este vídeo tenía por objeto comprobar cuáles son los lugares de la Devesa da Rogueira más frecuentados por la fauna salvaje. Para ello se colocaron cámaras de fototrampeo en tres puntos diferentes: el referido camino, una pista forestal y un lugar apartado del bosque. El resultado del estudio es que los animales frecuentan más la pista forestal por la noche.

Las cámaras estuvieron en funcionamiento de forma ininterrumpida desde septiembre del año pasado hasta mediados de abril. Con ellas se captaron muchas otras imágenes de animales que se utilizarán para realizar nuevos trabajos durante el próximo curso escolar. En estas grabaciones se ha podido comprobar que en la sierra de O Courel también viven rebecos y liebres, dos especies de cuya presencia en este territorio no había ninguna evidencia en los tiempos actuales.

viernes, 13 de abril de 2018

Murcianos que animan a descubrir la flora de O Courel


Una empresa de la región mediterránea colaborará en la organización de rutas por la sierra

.
ROI FERNANDEZ

13/04/2018 05:00 H

A partir de esta primavera, la empresa murciana Turismo Botánico colaborará con la gallega Pía Paxaro en la organización de rutas basadas en la vegetación autóctona de la sierra de O Courel. El primer recorrido se llevará a cabo el día 21 y tendrá por escenario el célebre bosque de la Devesa da Rogueira, donde conviven decenas de especies vegetales diferentes. Los interesados pueden realizar las inscripciones en las páginas web de los organizadores, en las direcciones piapaxaro.com y turismobotanico.es.

La firma Turismo Botánico fue creada en el 2016 y en sus inicios se limitó a una web que recogía y difundía información sobre un centenar de jardines y colecciones botánicas repartidos por toda España. Actualmente, en colaboración con otras entidades, ofrece numerosas rutas que discurren por territorios caracterizados por su especial riqueza vegetal. En Galicia, aparte de la sierra de O Courel, su catálogo incluye otras dos rutas botánicas situadas respectivamente en la isla de Cortegada -en Vilagarcía de Arousa- y el lago de Castiñeiras, entre los municipios pontevedreses de Marín y Vilaboa. Según indica Marcos Reinoso, responsable de Pía Paxaro, estos tres itinerarios son los únicos de este tipo que se organizan hoy en día en Galicia de forma continuada.

En su web, Turismo Botánico califica la Devesa da Rogueira como «uno de los bosques mejores conservados de Europa» y un lugar «ideal para iniciarse en el mundo de la identificación vegetal», así como para «los amantes de la fotografía y el paisaje».Reinoso señala por otro lado que Pía Páxaro y Turismo Botánico seguirán colaborando en la organización de rutas por la sierra de O Courel, ofreciendo al menos una en cada estación del año. «En Galicia este turismo aínda está pouco desenvolvido, pero noutras comunidades cada vez ten máis popularidade e pensamos que a Serra do Courel ten moitas posibilidades neste terreo», añade.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

O Apalpador aparecerá na súa «Laponia», a Devesa da Rogueira

.

Foto:Guillermo Díaz Aira

O día 30, o popular personaxe visitará por primeira vez O Courel, onde se conservaron as lendas das que é protagonista

FRANCISCO ALBO 
MONFORTE / LA VOZ 13/12/2017 05:00 H
O penúltimo día do ano ofrecerase unha ocasión moi pouco común para coñecer no seu lugar de orixe ao popular personaxe de Nadal do folclore da Serra do Courel. En torno ás cinco da tarde poderase ver como o Apalpador sae do bosque da Devesa da Rogueira para participar nun festexo na localidade de Moreda, onde haberá tamén un espectáculo de maxia. A celebración será organizada polo Concello de Folgoso do Courel en colaboración coa asociación cultural Fonte do Milagro e estará aberta a todas as persoas que desexen asistir.

Mari Carmen Vergara, tenente de alcalde e concelleira de Cultura, sinala que a idea de celebrar este festexo débese aos comentarios dalgúns veciños do municipio. «Moita xente dicía que nos últimos anos o Apalpador está visitando moitos outros lugares de Galicia pero que nunca vén ao Courel, que é precisamente de onde saíu», explica. Os organizadores decidiron que o lugar máis adecuado para a cita sería o inicio do camiño de acceso á Devesa da Rogueira, que para o Apalpador é algo parecido ao que é Laponia para Papá Noel: a morada mítica onde vive durante todo o ano e que abandona temporalmente para levar agasallos aos nenos nos primeiros días do inverno. No caso do Apalpador, o presente é moi sinxelo e consiste en presadas de castañas quentes que deixa nas casas na noite do 31 de decembro.

Ata hai algúns anos, as tradicións que falan deste personaxe estaban case totalmente esquecidas. O Apalpador comezou a popularizarse a partir do 2008, cando a asociación compostelá A Gentalha do Pichel editou un folleto divulgativo cun debuxo do personaxe realizado polo artista Leandro Lamas. Ao ano seguinte publicouse o conto infantil O Apalpador, escrito e ilustrado por Xoán González Otero, antigo infógrafo de La Voz de Galicia. Posteriormente aparecerían outras dúas obras deste autor que se inspiran no mesmo personaxe: O Apalpador e a castaña máxica e O Apalpador e o arco da vella.

Outras publicacións

Nos seguintes anos foron publicándose outros títulos de literatura infantil e xuvenil que beben da mesma tradición: Antón e o Apalpador, de Manuel de Castro Lima e Mar Ameijeiras Sánchez; O conto do Apalpador, de Lúa Sende e Alexandre Miguens; O Apalpador, de Carlos Labraña e Carla Cabaleiro; A estória do Apalpador, o carvoeiro mágico do Courel, de Diego Bernal Rico; O tesouro do Apalpador, de Jorge Rodrigues de Gomesende, e A noite do Apalpador, de Xurxo Valcárcel e Pepe Carreiro, así como a serie As aventuras do Apalpador, de Fernando Cimadevila e José Ángel Ares, da que apareceron ata agora catro volumes. A estas obras súmase o libro Divírtete facendo xoguetes de papel co Apalpador, de Carmen Domech Martínez, e o xogo de cartas O gran magosto, no que figura o personaxe. A compañía de títeres Cachirulotamén incluíu ao Apalpador nun dos seus espectáculos.

Durante este tempo, o personaxe apareceu así mesmo en numerosos festexos infantís e desfiles de Nadal. Paradoxalmente, ningunha destas celebracións tivo lugar na Serra do Courel.

A primeira mención escrita publicouse en 1965

A publicación do 2008 que popularizou ao Apalpador baseábase nun traballo asinado por José André López Gonçález que mencionaba testemuños orais recollidos entre veciños do Courel, o val do Lóuzara e Os Ancares. Este artigo apareceu orixinalmente na revista Vagalume, dunha asociación cultural galega de Alcalá de Henares, e foi divulgado máis tarde na páxina web Portal Galego da Lingua.

Porén, Xoán González sinala que a mención máis antiga desta tradición foi feita polo etnógrafo Xesús Taboada Chivite nun traballo titulado La Navidad gallega y su ritualidad, publicado en 1965 e reeditado en galego en 1992. De acordo cos investigadores, o Apalpador, que toma o aspecto dos vellos carboeiros que fabricaban carbón vexetal nos bosques, sería unha supervivencia das figuras míticas precristiás que simbolizaban o renacemento do sol, ao igual que outros personaxes como Papá Noel, San Nicolao e o Olentzero das tradicións vascas.

Múltiples visitas

Nos últimos oito anos foi posible ver en carne e óso ao Apalpador nas festas de Nadal e Aninovo en Monforte, Lugo, Mondoñedo, Ourense, A Coruña, Lalín, Silleda, Ferrol, Ribeira, Poio, Bandeira e Zas, entre outros lugares. No 2009, o personaxe apareceu por primeira vez formando parte dun belén, que estivo instalado na Casa de Fenosa do Barco de Valdeorras. Na imaxe da dereita, o Apalpador xunto á muralla romana nunha das súas visitas a Lugo.

martes, 24 de octubre de 2017

Unha vella mina de cobre esquecida na Devesa da Rogueira

Cerca do camiño que atravesa o célebre bosque do Courel hai vestixios dunha expotación abandonada


.
GUILLERMO DÍAZ AIRA

FRANCISCO ALBO
QUIROGA / LA VOZ 24/10/2017 05:00 H

No entorno inmediato do célebre bosque da Devesa da Rogueira encóntrase un testemuño singular da historia da minería da Serra do Courel que ata agora estaba praticamente esquecido, excepto para os veciños das poboacións máis próximas. É a vella mina de cobre de Veigadoso, que data de principios do século pasado. O lugar foi localizado recentemente por Guillermo Díaz Aira, coordinador do albergue de Quiroga, que pasa con frecuencia polas cercanías para levar grupos de visitantes a percorrer o bosque. A vella mina será incluída proximamente nas rutas turísticas que organiza este centro.

Segundo explica Díaz, «chámanlle a mina de Veigadoso, pero máis que unha mina é unha cata mineira que se realizou hai moitos anos para buscar un filón e que acabou sendo abandonado porque non o deberon considerar rendible». Consiste nunha cavidade aberta nunha parede rochosa xunto a unha pequena fervenza que na actualidade está totalmente seca. Debido a súa complicada situación -engade- é imposible obter fotografías da súa abertura a non ser que se utilice un dron. «Pero iso non quere dicir que o acceso sexa difícil, porque non presenta problemas se se trata de grupos reducidos de persoas e incluso é apto para rapaces», apunta Díaz por outro lado. O sendeiro que se abriu no seu día para chegar á explotación segue sendo praticable, sinala.

Catálogos oficiais


A pesar de que moi poucas personas coñecen a súa ubicación, a mina de Veigadoso figura nos catálogos do Instituto Geológico y Minero de España (Igme). «O que pasa é que está mal sinalada nese catálogo e se alguén se guía polas indicacións que dá o documento non a conseguirá encontrar», apunta Díaz, que a localizou coa axuda dun veciño de Moreda. O lugar áchase a uns douscentos metros de distancia do camiño principal que percorre a Devesa da Rogueira. O desvío que leva á mina está aproximadamente a un quilómetro e medio da aula da natureza de Moreda, onde comeza a ruta principal que atravesa o bosque.


As paredes do interior da pequena cavidade mineira mostran unhas peculiares coloracións debido á presenza do mineral de cobre -ademais de cinc e chumbo-, con tons verdosos, azulados, violetas e incluso rosados. «Tal como se encontra hoxe ten un valor didáctico importante, porque axuda a explicar a historia das explotacións mineiras do Courel e resulta especialmente interesante para visitas escolares», apunta Guillermo Díaz. Grazas á súa cercanía á ruta da Rogueira -agrega- é moi fácil integrala neste itinerario como unha mostra máis do patrimonio natural e histórico da serra.
Un novo elemento que engrosa os recursos do futuro xeoparque

O museo municipal de xeoloxía de paleontoloxía de Quiroga xa dispón dunha mostra de mineral da mina de Veigadoso que lle foi facilitada por Guillermo Díaz, quen considera que este enclave pode encadrarse perfectamente nas rutas de visita do xeoparque que pretenden crear os tres municipios da comarca. Díaz sinala por outra parte que a mina da Devesa da Rogueira non é a única da serra que aparece mencionada nos catálogos do Igme e que está esquecida hoxe en día. «O inventario sinala outras minas abandonadas esta no alto do Couto e Paderne, por exemplo, que sería interesante tratar de recuperar», engade.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/10/24/unha-vella-mina-cobre-esquecida-na-devesa-da-rogueira/0003_201710M24C4991.htm#