viernes, 4 de agosto de 2017

O Goberno da Deputación promove a cultura e o turismo na Montaña lucense co III Festival dos Eidos

DEPUTACIÓN DE LUGO
03/08/2017
- A cita, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de agosto, conta co patrocinio principal do organismo provincial, que achega 35.000 euros á Fundación Uxío Novoneyra para a organización de diferentes iniciativas ao longo do ano entre as que se inclúe o Festival
- García Porto subliñou que “o Festival dos Eidos chega a súa terceira edición ampliando as actividades e o número de asistentes. Trátase dunha proposta cultural coa que conseguimos dinamizar a Montaña Lucense e fomentar o turismo nesta zona”
- Son tres días de programación contemporánea que inclúe recitais, concertos, artes perfomativas e do corpo, exposicións e roteiros culturais. Todo nun marco privilexiado: a Casa da Fonte en Parada, o Souto da Rubial e as montañas do Courel

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, acompañada por Uxío Novoneyra, Xerente da Fundación que leva o nome do escritor lucense, presentou este mércores o III Festival dos Eidos, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de agosto en Parada do Courel. O organismo provincial é o principal patrocinador desta iniciativa que combina literatura, poesía, música e artes escénicas, en consonancia co entorno natural. Así, o Goberno da Deputación realiza unha achega de 35.000 euros á Fundación Uxío Novoneyra para a organización de diferentes iniciativas ao longo do ano entre as que se inclúe este Festival literario escénico de vangarda.
García Porto subliñou que “o Festival dos Eidos iniciou a súa celebración no 2015 e chega a súa terceira edición ampliando as actividades e o número de asistentes. Trátase dunha proposta cultural coa que conseguimos dinamizar a Montaña Lucense e fomentar o turismo nesta zona, pois centos de visitantes se achegarán a coñecer o marco privilexiado no que terá lugar a cita: a Casa da Fonte en Parada, sede da Fundación Uxío Novoneyra, o Souto da Rubial e as montañas do Courel”.
En total, son tres días de programación contemporánea, na última fin de semana de agosto, que inclúe recitais, concertos, artes perfomativas e do corpo, exposicións e roteiros culturais. Ademais, o Festival contribúe a crear unha rede de traballo en Galicia, colaborando estreitamente con outros festivais literarios, como Poemaria en Vigo; ou de recreación histórica; como A Bela Auria en Ourense.
Ligado ao compromiso coa sustentabilidade social e ambiental do rural de alta montaña e a innovación en formatos e estilos, o Festival dos Eidos pretende dotar a una comunidade territorialmente illada, como é a Serra do Courel nas Montañas de Lugo, dun festival literario escénico de vangarda ano tras ano dende o seu inicio.
Recoñecementos
En abril de 2017 o Festival dos Eidos acadou o Galardón EFFE (Europe for Festival Festivals for Europe) que otorga a Asociación Europea de Festivais, dependente da Comisión Europea, aos eventos que representan boas prácticas no eido da creatividade, o social e o ambiental no continente. Así mesmo, como evento socio da rede LITFEST de festivais literarios en zonas isoladas, foi nomeado “Boa Práctica Europea” por parte da Axencia Europea de Educación e Cultura (AECEA), que xestiona os fondos Erasmus+ i Europa Creativa.
Programa 
Venres, 25 de agosto
18:00 Horas. Exposición “Os nomes da montaña. O arquivo da Fun”.
19:00 Horas. Roteiro poético “As aves nos eidos”.
20:30 Horas. A Carlos Oroza no seu cuarto
22:30 Horas. Picadiscos: Ico Sonoro, Xabi B. + Eva A.
Sábado, 26 de agosto
12:00 Horas. Obradoiro de improvisación. Danza. Compañía Cristina Vilariño.
12:00 Horas. Anxo Moure, contacontos.
13:30 Horas. Swing vermú con The Alley Stompers.
18:00 Horas. Poesía oral: Xabi Xil, Teresa Moure, Juan Carlos Mestre, María Sánchez.
19:40 Horas. Novoneyra Bailado, impovisación Compañía Cristina Vilariño.
22:00 Horas. Concerto noite: Mounqup, Ultraqäns, Hard Gz.
Domingo, 27 de agosto
12:00 Horas. “Versogramas” Making off
13:00 Horas. Obradoiro “Lar” de Ithcrowdfunding