O enxeñeiro de montes José Manuel Blanco, natural do Courel, aínda non puido ver sobre o terreo os efectos do recente incendio na parroquia de Meiraos, pero opina que o sinistro contribuirá sen dúbida pero estes días puido ter pasado o mesmo que pasou nos Ancares.á degradación do patrimonio natural da serra.
-¿Que efectos pode ter o incendio na área afectada?
Querería puntualizar primeiro que opino a título persoal e como veciño do Courel. O dano ambiental é moi serio en calquera caso, porque esa zona está no val do río Pequeno, que é unha área de máxima protección dentro da Rede Natura. Ten unhas importantes comunidades vexetais de reboleiras, xesteiras e uceiras, pero na miña opinión, en casos como este non é tan importante a perda desas comunidades vexetais concretas e a extensión da superficie afectada como a ubicación dos terreos queimados.
-¿Por que motivo?
Como ocorreu no incendio que houbo en abril entre Seoane e Moreda, trátase de áreas de moito valor ambiental e con solos en pendente. A perda da cobertura vexetal deixa eses terreos moi expostos á erosión e á degradación dos solos. Nas ladeiras orientadas ao sul o problema é aínda máis grave, porque ao estar máis expostas ao sol e ao ser máis secas é moito máis difícil que se rexenere a vexetación perdida nos incendios. E ademais está o problema do arrastre das cinzas, que pode contaminar o río Pequeno.-¿Que leccións se poden sacar para O Courel dos incendios dos últimos días?
-Un aspecto que creo que é moi importante ter en conta é o risco que supoñen os soutos que rodean todas as localidades do Courel. Nos Ancares ocorre o mesmo, que as poboacións están totalmente rodeadas de bosques. Estes días vimos como houbo incendios nesas masas boscosas que chegaron a pasar ás casas. Afortunadamente, iso non ocorreu no Courel, pero estes días puido ter pasado o mesmo que pasou nos Ancares.
ou nos Ancares.
Os soutos funcionan como unha protección contra os incendios cando se encontran ben coidados. Ou sexa, cando os castiñeiros son podados con regularidade e as ramas máis baixas están a catro ou cinco metros do solo, ademais de que o terreo está máis ou menos limpo de maleza. Pero se non é así sucede todo o contrario, porque os soutos rodean praticamente por completo as aldeas e as árbores están moi cerca das vivendas. Iso é o que pasa hoxe na maioría dos soutos do Courel, que están en desuso, con moitas pequenas ramas improdutivas sen podar e cheos de arbustos e vexetación pequena. Nesas condicións e nunha situación de seca intensa como a dos últimos meses, eses bosques corren o risco de sufrir incendios que enseguida afectarían ás aldeas que rodean. Se o lume prende nas copas das árbores a situación pode ser catastrófica. O problema do abandono silvícola dos soutos, que está moi ligado á caída demográfica e ao envellecemento da poboación, non causa só un prexuízo económico a causa das castañas e da madeira que non chegan a aproveitarse. Tamén é un perigo moi serio para a seguridade dos veciños.