jueves, 7 de marzo de 2019

Accesibles en visor cartográfico 192 alvarizas no Courel


Accesibles en visor cartográfico 192 alvarizas no Courel

As construcións que servían para protexer as colmeas dos osos, quedaron en desuso por situarse en zonas de difícil acceso e cambios no manexo.

Alvariza / mielrural.com

As alvarizas do Courel son accesibles por primeira vez en visor cartográfico. A información completa no Galicia Confidencial.

miércoles, 6 de marzo de 2019

Folgoso do Courel, concello piloto do Plan de recuperación dos soutos tradicionais

No concello xa se desenvolve unha actuación de recuperación e posta en valor dos seus soutos tradicionais, na que a Xunta inviste máis de medio millón de euros.

Visita Folgoso do Courel / Consellería do Medio Rural

As dúas primeiras fases do Plan xa están executadas, trátase da diagnose, elaboración dos traballos topográficos e redacción dos proxectos de obra e, en segundo lugar, a execución das obras principais que incluían a roza das parcelas e a execución dos camiños de acceso e interiores. A terceira fase, que xa comezou, consiste na posta en cultivo dos castiñeiros, coa súa poda sanitaria e loita biolóxica, a mellora dos camiños de acceso e a roza dos soutos.


En liñas xerais, o Plan suporá a identificación e a caracterización dos soutos ata a implantación dun modelo de aproveitamento da castaña, de forma que a súa transformación se faga nas propias zonas produtoras, mantendo sempre a propiedade dos terreos nos habitantes das aldeas e procurando fórmulas de tipo cooperativo ou asociativo para a súa xestión conxunta. Esta iniciativa impulsará, ademais, a especialización do turismo arredor da actividade económica de explotación da castaña.

As intervencións en Folgoso servirán de modelo para actuar nos soutos repartidos por toda Galicia, que abranguen entre 25.000 e 30.000 hectáreas, das cales case 2.700 se sitúan en Folgoso do Courel, con arredor de 45 soutos. Deste xeito, remarcou o conselleiro, “queremos que o rural sexa o motor do crecemento da Galicia que vén”, cunha aposta polo rural competitivo, promocionando a súa actividade económica e facendo da cadea produtiva un éxito para todos os seus compoñentes.

Este mesmo mes reunirase, por primeira vez, dende a súa constitución, a Mesa da Castaña, órgano asesor de carácter consultivo que se creou para favorecer a produción deste froito e defender o sector.

O Conselleiro de Medio Rural, José González, visitou, ademáis de Folgoso do Courel, o concello de Sober, onde coñeceu o resultado doutro proxecto executado pola Consellería do Medio Rural, a recuperación de preto de 30 hectáreas de terreo na parroquia de Santa María de Proendos. Cun investimento de 65.000 euros e un ano e medio de traballo, lográronse recuperar 23,4 ha de superficie, que se incorporaron ao Banco de Terras de Galicia e que agora se destinarán a dúas explotacións, unha de gando vacún e outra de cereal e horta. Deste xeito, conseguiuse ao mesmo tempo outro reto, mellorar a base territorial destas empresas rurais.

lunes, 4 de marzo de 2019

O Courel xa ten categoría de "Reserva Científica"




Souto do Courel. Foto: Barucho

As montañas dos Ancares e O Courel distinguidas como espazos Observer de Turismo Científico. Este recoñecemento outórgalles a ambos territorios a categoría de “reserva científica” e convérteos na maior zona de estudo de Galicia.

Este recoñecemento parte dun proxecto iniciado por iniciativa da Deputación de Lugo en agosto de 2018, cunha achega 70.000 euros, e remata agora a súa primeira fase. Esa primeira fase dará paso, a partir de agora, a accións concretas sobre o terreo, destinadas a promocionar turísticamente o territorio como reserva científica. A información completa en Lugo Xornal.